Antonio Fernández e Xavier Pousa

Antonio Fernandez e Xavier Pousa no ano 1967

Antonio Fernandez e Xavier Pousa no ano 1967

Antonio Fernández e Xavier Pousa (Goián 1931 – Vigo 2000), mestre e discípulo, son dous dos grandes persoeiros do panorama artístico galego. A súa relación comeza en Goián nos anos corenta cando Pousa ávido por aprender os segredos dos pinceis comeza a recibir consellos de Fernández.

No ano 1944, nun deses paseos de tarde que Antonio Fernández adoitaba realizar, visitou a Serafín Carrera, avó de Xavier Pousa. Este comentoulle as habilidades que tiña o seu neto para o debuxo e ensinoulle os traballos realizados. Antonio Fernández invitoulle a visitar o seu estudio e foi alí onde comezaría a relación entre o mestre e o discípulo.

Ensinoulle todo o que sabía; a importancia do debuxo e a técnica, a preparar os lenzos, a historia da arte e dos grandes mestres, as diferentes correntes artísticas e, en definitiva, todo o relativo ao oficio de pintor co fin de que Pousa atopase o seu propio camiño. Consideraba que só coñecendo as diferentes opcións e cunha base sólida un artista podía encontrar o seu estilo.

Aínda cando Xavier Pousa decide ingresar na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e viaxar polo mundo para continuar así co oficio de pintor, Antonio Fernández non deixa de preocuparse pola formación do seu discípulo aconsellándoo e orientándoo. Mostra disto e da profunda relación que lles unía son as cartas que desta época se conservan.

O respecto que o alumno sentía por Fernández durou ata ao final dos seus días. Esta relación de amizade e cariño materializouse anos despois da súa morte coa implicación e coordinación da publicación da biografía de Antonio Fernández escrita por Eliseo Alonso, co asesoramento na organización da exposición antolóxica que a antiga Caixa de Aforros de Vigo lle dedicou dentro da serie “Grandes Artistas Galegos” no ano 1986 e coa reivindicación continua para a creación dun espazo dedicado a Antonio Fernández no seu pobo natal.

Mais información sobre Xavier Pousa en www.xavierpousa.org

1951_04_carta de Fernandez a Pousa
1951_05_21_carta de Fernandez a Pousa
1951_11_17_carta de Fernandez a Pousa
1952_01_07_carta de Fernandez a Pousa
1952_05_12_carta de Fernandez a Pousa
1953_27_05_carta de Fernandez a Pousa
1954_04_25_carta de Fernandez a Pousa
1956_05_29_carta de Fernandez a Pousa